ROWING AND SPORT EN GALEGO
FUENTE: DIARIO DE AROUSA.COM
O deporte boirense está en auxe. Atravesa pola súa particular idade de ouro. Producto de traballo constante dos clubs e o respaldo de Concello e o sector empresarial. Os éxitos esta temporada son innumerables. Boiro presume de deportistas con todo merecemento porque é un berce de campións. En voleibol, fútbol, piragüismo e remo encóntranse algúns dos mellores exemplos da excelente saúde da que goza o deporte en Boiro, convertíndose nun referente da Ría de Arousa.
O Unicaja Almería acadou esta temporada o título de campión da Copa do Rei e subcampión de liga de Voleibol. Nas súas filas destacou o central boirense Pablo Bugallo, formado no clube local. Bugallo, con tan só 22 anos, leva unha progresión imparable no voleibol nacional. Foi o MVP da Copa do Rei, formou parte en varias ocasións do equipo ideal de Superliga e tamén foi preseleccionado coa Selección Absoluta. Bugallo é un espello onde se miran moitos xogadores do Voleibol Boiro, como os infantís, que veñen de acadar o terceiro posto no Campionato de España, curiosamente en Almería.
Ademáis o primeiro equipo do Náutico Boiro Voleibol consólidase na división de prata nacional, a Superliga B, todo sen descoidar o traballo de canteira. O pavillón da Cachada respira voleibol e afeción disfruta co seu equipo.
O mesmo ocurre no campo de fútbol de Barraña. O CD Boiro ven de facer historia xogando por primeira vez unha promocióon de ascenso a Segunda B. Durante gran parte do campionato mostrouse como o mellor equipo da Terceira Galega. Tan só perdeu dous partidos en toda a liga e ningún ante os seus siareiros, que disfrutaron con partidos para o recordo, como as visitas do Arosa e Pontevedra, e sobre todo o partido contra o Náxara rioxano. O fútbol en Boiro ten futuro porque os clubs están a traballar a canteira con rigor.
O mesmo que rixe ao Clube Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro, que dende que arrancou fai catro anos segue a dar pasos firmes para crecer a todos os niveis. Os últimos resultados así o indican, personificados en Cristian Silva, campión galego e de España que competirá no Mundial en Hungría en xullo. Noutra importante cita internacional estará outra boirense, Raquel Dacosta, do Clube Náutico Pontecesures, que xunto a súa compañeira Camila Morison acadou a súa clasificación para o Campionato de Europa Absoluto en el K-2 200 sénior sendo todavía júnior. Dacosta e Morison compaxínanse á perfección es son unha clara aposta de futuro do piragüismo español.
Noutro deporte náutico, o remo, Boiro é potencia e referente nacional gracias ao Clube de Remo Cabo de Cruz. Por unha banda esta temporada regresa á Liga ACT de traíñas, o que supón estar na elite do remo en España. E por outra banda Cabo segue a ser un referente no traballo formativo e noutras modalidades, como demostrou ao acadar o título nacional de bateis, o campionato galego de traineriñas e o subcampionato autonómico en xuvenís desta modalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario