Achégase unha nova temporada da Liga de Traiñeiras da ACT, na que compiten embarcacións de Galicia, Euskadi e Cantabria. Un total de 12 barcos dos cales 8 son vascos, 2 cántabros e 2 galegos están preparados para unhas semanas que van ser apaixonantes para os que gosten do remo en banco fixo.
A actual campiona, Kaiku, ten 2 remeiros galegos nas súas filas. A sub-campioa, Urbaibai, 5
Tirán e Cabo da Cruz apostan nas súas tripulacións polo produto da terra. Todos os seus vogadores son galegos. Na da SD Tirán con predominio, lóxico, de remeiros da Ría de Pontevedra e Vigo. Nomeadamente, Moaña. Na traiñeira de Cabo de Cruz, mandan os boirenses.
Estas van ser as 2 embarcacións que tentarán deixar alto o pavillón galego. Mais non só nas traiñeiras moañesa e boirense hai remeiros galegos. Noutras cinco tripulacións da Liga ACT hai vogadores de Galiza: Astillero (4 remeiros galegos), Urdaibai (5), Ziérbana (3), a histórica Orio (1, Millares) e a bizkaitarra Kaiku. Esta última, gañadora da Liga ACT en 2013, ten 2 vogadores galegos.
Na temporada 2013 a representante galega, a 'Mar do Con' de Tirán, acabou quinta, un posto do máis notábel. E gañou 2 bandeiras. Na presente, 2014, Tirán terá a compaña de Cabo de Cruz, unha histórica do remo galegos nestes últimos 20 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario